FOTOGALERÍA | Do "Belén vivente" a Ushuaïa, Gaza, Altri e a defensa do rural; ecléctico desfile no "entrudio" da Gudiña
No sábado de entrudio na Gudiña non faltaron os folións poñendo son ao desfile de carrozas que percorreron as rúas da vila ata chegar á estación vella, lugar onde celebraron a festa con fariñada incluída.
Non faltaron tampouco as carrozas reivindicativas, con lembranza para Gaza e carteis en contra da macrocelulosa Altri. Ata un AVE puido verse nas rúas. Pero tamén foi reivindicación do rural, coas abellas como protagonistas.
Incluso as súas maxestades os Reis Magos volveron dende Oriente para visitar o "Belén vivinte" que paseou pola Gudiña fóra de datas. Non é de estrañar que ata o mítico club ibicenco Ushuaïa quixera estar presente nos grandes festexos do entrudio da Gudiña.
Dende Vilariño de Conso tamén viñeron os seus boteiros para desfilar cos seus coloridos traxes, unindo os dous municpios na celebración na honra a don Carnal. A festa remataba coa queima do seu meco tradicional, o "Intrudio", que ardeu para goce de todos os presentes.