FOTOGALERÍA | Ata Trump non quixo perderse o desfile do Entrudio da Gudiña

Folión de Carracedo da Serra. | FOTOS: Cedidas.
O rexedor da Gudiña, Néstor Ogando, cunha perruca azul.
O boteiro chegou acompañado do Folión de Fornelos de Filloás.
Un corral, de ovellas, quixeron facer na Gudiña.
O Folión do Tameirón, un dos tres que animaron o percorrido.
Trump escolleu a Gudiña para desfrutar do entroido.
Dende a Bretaña francesa, chegaron Astérix e Obélix.
De Pentes chegou a comparsa "Matogueiras".
Se algo pode separar a uns recén casados... É a festa!!!!
Lorena e Alba, desfrutando do desfile da Gudiña.
Dende O Canizo mandáronos un anaco de xeo.
Ducias de ovellas; Astérix e Obélix; un anaquiño de ceo chegado do Canizo e moita, moita música -de folións convidados e da charanga Fuego- trouxeron ata á Gudiña ao mesmísimo Trump, que non quixo faltar á cita coa diversión que percorreu a principal estrada que cruza a vila na tarde do sábado. 

O Concello quixo trasladar publicamente o seu agradecemento á organización e a todos os colectivos participantes no Entrudio, destacando o papel fundamental desempeñado por Os Torgueiros, a Comisión O Carballal, A Pingarela, O Tarabustio, O Folión de Carracedo da Serra, O Folión do Tameirón e a Asociación de Mulleres Rurais Xestas e Toxos na dinamización dunha xornada marcada pola alta participación e pola posta en valor das tradicións locais.

Así mesmo, a administración local recoñeceu a colaboración do Folión de Fornelos de Filloás, así como a implicación das distintas carrozas, comparsas, veciños e veciñas que contribuíron ao desenvolvemento da celebración.

O Concello tamén salientou o labor de Protección Civil, dos GES e da Garda Civil, que garantiu a seguridade durante todo o evento. A xornada desenvolveuse nun ambiente festivo, caracterizado pola música, a cor e a ampla presenza de público.