Evento
AXENDA | Cea popular en Viana polo "Día da Muller"
9/3/24
Viana do Bolo
29 de febrero de 2024, 13:11
A Asociación Mulleres Rurais Bibei de Viana do Bolo retoman a tradicional cea popular coa que levan anos festexando o Día Internacional da Muller. Un xantar de confraternización para conmemorar o 8M que volve celebrarse logo do parón provocado pola pandemia.
Este ano, celebrarase o vindeiro 9 de marzo, sábado, e haberá que anotarse antes do día 1 para poder asistir. Dende a organización avisan: están organizando varias sorpresas para ter unha noite de diversión en boa compaña.
Para anotarse á cea Día da Muller, haberá que contactar a través do teléfono: 686 534 935.